O teceiro ollo

A visión desde abaixo. Así ve as cousas a xuventude dunha vila como calquera outra.

Monday, November 27, 2006

E casa da cultura

Só dicer que a ver se poñen a calefación na "casa da cultura" que co frio que vai non hai quen estude aí. Por outra banda, estupenda a ampliación de horário.

Thursday, November 09, 2006

Casa da xuventude

Polo visto, o concellal de xuventude ven de reclamarlle á Xunta unha casa da xuventude no "corazón" da Estrada. E ademais quere levantar un edifício novo con tal finalidade. Parece que non se lembra que non saben que facer co coléxio "José Antonio", e que a residencia da praza de Martínez Anido quedará libre en breve. E parece que tampouco se lembra de que xa habia un lugar onde as asociacións dispoñian de locais e foron botandoas aos poucos para ampliar o conservatório, protección civil e deixar sitio para os da sua corda. Eu non me lembro, que mo contaron, pero el é maior ca min... E agora veñen exixindo.

Que é isto?

O TERCEIRO OLLO é outro xeito de ver as cousas. De ver o que non se ve habitualmente. Un lugar onde facer crítica constructiva. Un lugar onde agasallar a quen fai ben as cousas. É outro mundo. Será como moitas outras bitácoras, pero desde un ponto de vista moi persoal.
Benvidos e benvidas.